andresgoteira
KEN ROBINSON " A CREATIVIDADE " - FASCINANTE!!
2010.01.20 17:23:45

FASCINANTE VIDEO DE KEN ROBINSON SOBRE A IMPORTANCIA DA CREATIVIDADE NA EDUCACIÓN. ESTE SEÑOR MANDANOS UNHA IMPORTANTE MENSAXE  A CAL PENSO QUE DEBERIAMOS TER EN MENTE AS NOVAS XERACIÓNS...  DE SEGURO QUE NOS IRÍA MOITO MELLOR.

UTILIZANDO DE ALGUNHA FORMA A COMEDIA COMO MÉTODO DE COMUNICACIÓN  E SEN FACERSE EN NINGÚN MOMENTO PESADO, PIDOVOS QUE PERDADES UNS MINUTIÑOS PORQUE O MAIS PROBABLE E QUE NOS VAIA PARA ALGO:

 

 

 



Tags: KEN ROBINSON GAITAFILMES BLOG

Hits: 259 | Leer más...


 
andresgoteira
" VINCENT " A PRIMEIRA CURTA DE TIM BURTOM
2009.11.06 00:31:14

Esta é a primeira curta de Tim Burton, conta a historia de Vincent, un neno obsesionado coa vida de Vincent Price ( o actor ), poderiase decir que está basado na sua propia vida pois Tim sempre foi un admirador deste actor e tamén de Edgar Allan Poe , utilizando a rima deste escritor como un dos fios conductores desta peculiar historia. 

 



Tags: vincent tim burtom gaitafilmes

Hits: 362 | Leer más...


 
andresgoteira
XA PODES VER O PAQUETE
2009.10.22 23:29:09
 Xa está dispoñible na sección de curtas, a nova produción de Gaitafilmes " O Paquete".  Foi grabada integramente nas terras de Meira e con xente de Meira. Manolita Castro, os irmás DAFLOR, O Químico, Ana García e os incansables Adrían Folgueira e Suso López son os que compoñen o reparto desta pequena é humilde curta Meirega. 

A curta relata unha pequena historia das de antes, das que nos contan nosos pais ou pais de nosos pais, intentamos ambientala nos anos 70 e darlle un dinamismo divertido para que sexa doada de ver. Esperamos que non sexa unha decepción e que entendades que simplemente son fases de aprendizaxe que quedarán para o recordo de algúns, desexando que algún día poidamos realizar unha boa obra da que poidamos estar moi orgullosos.
 
Titulo : " O PAQUETE "

Estilo: Ficción muda

Duración: 8 min

Director: Andrés Goteira

Produción: Suso López, Adrián Folgueira e Andrés Goteira

 

 
   


Tags: o paquete gaitafilmes

Hits: 444 | Leer más...


 
andresgoteira
NOVO VIDEOCLIP DE SUSO LOPEZ
2009.05.20 20:59:17

Este videoclip foi gravado en vivo, de forma casual e sen mais intención de comprobar a calidade de son do micro da cámara. Pasa por selo primeiro videoclip de GaitaFilmes e tamén de Suso López, esperamos que vos guste e que non sexa o último.


 

 





Tags:

Hits: 466 | Leer más...


 
andresgoteira
A NOVA PAXINA WEB
2009.05.20 18:20:01

esta é a nova paxina web de Gaitafilmes, por no decir a primeira...

 




Tags:

Comments 1 | Hits: 305 | Leer más...


 
andresgoteira
WHITE RED PANIC - AYZ WARAICH
2009.05.20 18:02:17

“White red panic” é unha curtametraxe do director Ayz Waraich; en principio non ten nada doutro mundo, nada que non se vira anteriormente, pero o filme realizouno cunha cámara doméstica Canon HV20, que custa un 700 euros aproximadamente.

Ayz sorprendeu a moitos entendidos do mundo audiovisual xa que con esa cámara, e unha edición maxistral logrou unha calidade que se acerca moito o profesional e queda lonxe do doméstico, na súa paxina web www.dimeworth.com podedes descargar a curta no formato sen comprimir e así apreciar moito mellor a súa incrible calidade.

 

 




Tags: suso lopez

Hits: 467 | Leer más...