Tag: o paquete gaitafilmes

andresgoteira
XA PODES VER O PAQUETE
2009.10.22 23:29:09
 Xa está dispoñible na sección de curtas, a nova produción de Gaitafilmes " O Paquete".  Foi grabada integramente nas terras de Meira e con xente de Meira. Manolita Castro, os irmás DAFLOR, O Químico, Ana García e os incansables Adrían Folgueira e Suso López son os que compoñen o reparto desta pequena é humilde curta Meirega. 

A curta relata unha pequena historia das de antes, das que nos contan nosos pais ou pais de nosos pais, intentamos ambientala nos anos 70 e darlle un dinamismo divertido para que sexa doada de ver. Esperamos que non sexa unha decepción e que entendades que simplemente son fases de aprendizaxe que quedarán para o recordo de algúns, desexando que algún día poidamos realizar unha boa obra da que poidamos estar moi orgullosos.
 
Titulo : " O PAQUETE "

Estilo: Ficción muda

Duración: 8 min

Director: Andrés Goteira

Produción: Suso López, Adrián Folgueira e Andrés Goteira

 

 
   


Tags: o paquete gaitafilmes

Hits: 444 | Leer más...