PDF   E-mail

 Presentación:

   Gaitafilmes é unha pequena factoría Meirega de curtametraxes  amateur.  Nace en 2005 con "Rem" unha curta experimental feita co único propòsito de aprender e sumerxirse neste mundo do que nos sentimos atraidos.

   Froito do interese despertado, no ano 2006 realizamos a curta "Memoram", un tanto surealista e experimental, protagonizada por Suso López e Adrian Folgueira, non deixa de formar parte dun proceso de aprendizaxe. 

   No 2007, xurde "Simón"  unha historia que continúa o fio experimental desta factoría. Presentada a un par de concursos, gaña o segundo premio nun deles. Ata o de agora pasa por ser a curta que màis gusta a amigos e familiares.

   No 2008, subimos un peldaño máis  para realizar "Que lle Pasa a PepePistola!!", unha curta máis traballada a nivel técnico e artìstico. Pepe Pistola foi presentada ao concurso Curtasnarede, no que gañou o premio do público a mellor curtametraxe, tamén foi emitida na TVG no programa "Ondacurta".

   Por outra banda, noutros movementos audiovisuais realizamos unha Intro-documental sobre o declive do pequeno comercio, "Xigantes", que formou parte dunha práctica universitaria.

   Agradecer dende aquí a toda esta xente Meirega que colabora con nós e que nos axuda de forma desinteresada.

Funcionarios:

Direción e produción: Andrés Goteira

Axudantes de Direción e produción: SusoLópez e Adrián Folgueira

Actores Meiregos:  Suso López, Adrian folgueira, Manolita Castro, Ana García, Alex Camiño, Iván López, Alberto Carballal, Jose Daflor, Tania Glez, Miguel Angel "PIRI", Juan Folgueira, Chendo, Luis Mazoy...

Postprodución: Andrés Goteira.